Accesibilidade web | Aena

Accesibilidade

Accesibilidade

Aena SME, S.A. pon ao alcance dos seus usuarios unha canle de comunicación práctica e accesible a todos, co que pretende suprimir barreiras, logrando mellorar a presenza da súa páxina web na rede segundo os criterios de máxima simplicidade, alcance e eficacia, de tal maneira que se poida difundir a información e os servizos ofrecidos a calquera persoa que queira consultalos.

Esta acción alíñase coas directrices da Resolución do Consello da Unión Europea do 25 de marzo de 2002, sobre o Plan de acción L-Europe 2002, "Accesibilidade dos espazos públicos e dos seus contidos", cumpre as disposicións da Lei de servizos da sociedade da información e do comercio electrónico, do 11 de xullo de 2002 e segue as indicacións da "Guía para a edición e publicación das páxinas web da Administración Xeral do Estado".

Pautas WAI

Aena traballa para que os contidos da súa páxina web sexan validados coa certificación Dobre A, segundo as recomendacións indicadas pola WAI (Web Accessibility Iniciative), grupo de traballo internacional pertencente ao W3C (World Wide Web Consortium) que vela para que ningún colectivo sufra discriminacións de ningún tipo que poidan ser causa de fracturas sociais no mundo virtual.

Neste sentido, as técnicas empregadas no portal de Aena encaixan co que a WAI indica, tanto para o marcado XHML coma para o CSS, coas excepcións dos documentos PDF, o subtitulado e a audiodescrición de todos os vídeos e o reprodutor multimedia utilizado.

Contacto

Na actualidade estamos a traballar para mellorar a accesibilidade en todas as páxinas do portal. Se observas algunha anomalía, non teña reparo en poñerse en contacto connosco mediante o enderezo de correo electrónico: webpublica@aena.es.