Familiarización local e permisos de condución aeroportuarios

Tramitación de permisos de condución en plataforma (PCP) por parte das Compañías, para aquelas persoas que conduzan de xeito continuado no interior da zona restrinxida do recinto aeroportuario.

Acceso al trámite

Acceso con certificado dixital

Asegúrese de ter instalado e/ou activado no seu ordenador o seu certificado dixital previamente a seleccionar calquera dos seguintes enlaces.

Familiarización local

En que casos deberá achegarse documentación

Débese entregar un rexistro que acredite a realización desta familiarización local nos seguintes casos:

  • Novas solicitudes de acreditacións aeroportuarias e permisos de condución aeroportuarios.
  • Renovacións de acreditacións aeroportuarias e permisos de condución aeroportuarios despois de máis de 3 meses de inactividade: deberase recibir de novo a familiarización local completa (fichas + prácticas de familiarización + prácticas de comunicacións, se corresponde). Esta familiarización estará enfocada a coñecer posibles cambios ou novidades.

Permisos de condución aeroportuarios

PCA é un documento persoal intransferible, que serve de identificación ao interesado xunto coa súa acreditación aeroportuaria e o seu DNI.

Para quen

Para todas as persoas que conduzan de xeito continuado no interior da zona aeronáutica de seguridade operacional (ZASO)

Tipos de PCA

Existen tres tipos de PCA segundo as zonas do recinto aeroportuario nas que se autorizan a conducir, e se se habilita ou non o uso de frecuencias aeronáuticas:

  • PCP: Permiso para conducir en toda a ZASO, agás na área de manobras e nas zonas en que se requira utilizar frecuencias aeronáuticas para circular por elas.
  • PCP-COM: Permiso para conducir e utilizar frecuencias aeronáuticas en toda a ZASO, agás na área de manobras.
  • PCP-AM: Permiso para conducir e utilizar frecuencias aeronáuticas en toda a ZASO.

Requisitos

Todo posuidor dun PCA deberá dispoñer da acreditación persoal que permite o acceso á ZASO, permiso de condución do tipo B ou superior en vigor e un certificado de aptitude emitido pola compañía operadora deste.

Ademais, para a obtención dun PCA débese estar en posesión do certificado AVSAF_C emitido por unha organización de formación (OFA) aprobada por AESA, que acredite os coñecementos necesarios sobre seguridade operacional e a normativa de seguridade en plataforma (NSP), así como outros coñecementos que determine a dirección do aeroporto.

Para ter en conta

Para obter o PCA, é necesario ter superado o proceso de familiarización local correspondente a cada caso, conforme ás condicións recollidas no seguinte parágrafo, que comprende as seguintes accións:

  • Recepción das fichas de familiarización local e realización das prácticas de familiarización, segundo as zonas ás que se solicite acceso.
  • Prácticas de comunicacións, nos casos do PCP-AM e do PCP-COM.

Débese entregar un rexistro que acredite a realización desta familiarización nos casos especificados no apartado «familiarización local».

No caso do PCP-COM, o posuidor, ademais do indicado anteriormente, deberá superar a formación necesaria para o uso de frecuencias aeronáuticas (curso COM ou equivalente) e recibir a familiarización local correspondente. No caso do PCP-AM, os requisitos adicionais consisten en superar a formación necesaria para conducir vehículos na área de manobras e o uso de frecuencias aeronáuticas (curso CAM ou equivalente), así como recibir a familiarización local correspondente.

A retirada da acreditación aeroportuaria que permite o acceso a plataforma, implicará a automática retirada do PCA.

Cada aeroporto xestiona os seus PCA, e estes só son válidos no aeroporto onde se expediron. Aínda que a formación xenérica é común para todos os aeroportos da rede, a formación local débese superar en cada aeroporto para obter unha acreditación aeroportuaria e un PCA.

Información sobre o pagamento de taxas

Pode proceder ao pagamento das taxas das solicitudes realizadas dende este portal (sempre que non sexa unha empresa exenta do mesmo) polas vías habituais:

  • En liña: a través dos portais de pagamento dos distintos aeroportos premendo aquí.
  • Ou a través dos outros medios dispoñibles en cada aeroporto (portelos, máquinas habilitadas, etc.).

Quen pode solicitalo

A solicitude deberá ser realizada por un único representante recoñecido da Compañía Aérea, axente de asistencia ou autoasistencia, concesionario do aeroporto ou empresa de servizos radicada no aeroporto, que asumirá a veracidade dos datos achegados.

No caso de condutores que traballen para varias empresas, deberá presentarse unha solicitude e emitirse unha nova tarxeta do PCA do condutor para cada unha das empresas.

Pódese solicitar a emisión de novo PCA, a renovación, o duplicado por extravío ou calquera modificación dos datos do PCA.

Contacto

Unidade responsable

Dirección do aeroporto

Contacta

Servizos de telefonía ( +34) 91 321 1000

Atendémolo as 24 horas do día, todos os días do ano

Tes unha discapacidade auditiva? De 7:00 a 23:00 horario peninsular. Atendémolo as 24 horas do día, todos os días do ano
Acceder
Logo Aena